Festas

Festas e outros eventos
Festas das Parroquias
Alaxe.

Festas de San Xoán. 24 de xuño.

Budián.
Festa das Dolores. 15 de setembro.

Cadramón.
Festas de San Xurxo, San Cosme e Santa Filomena. 26 de setembro.

Ferreira.
Festas do Oito. Do 7 ó 10 de setembro.

Frexulfe.
Sagrado Corazón de Xesús. venres de xuño dependendo da Semana Santa.

 

Moucide.
Festas de San Estevo. 26 de decembro.

Recaré.
Festas do Carme. 16 de xullo.

Santa Cruz.
Festas de Santa Cruz. 3 de maio.

Santa Cruz.
Festas de A Casela en honor a Virxen do Carmen. Último domingo de Xulio.

Santo Tomé.
Festas do Santo Cristo. 14 de setembro.

Vilacampa.
Festas do Santo Domingo. 4 de agosto.

 

Feira do Mel
2º sábado de outubro

Unha das citas de máis raigame da comarca referida á venda, degustación e actividades referidas ó mundo apícola.

Esta feira pasou a ser organizada polo Concello do Valadouro dende o ano 2002.

O mel é un dos máis representativos productos agrícolas do Valadouro, o segundo sábado de outubro celébrase a única Feira do Mel de toda a Mariña de Lugo, á que acuden numerosos apicultores da comarca . O mel do noso Concello destaca pola súa alta calidade o que fai que as vendas na Feira sexan elevadas.

Coñecer o mundo das abellas

As abellas forman unha das sociedades mais perfectas e organizadas que creou a natureza, na que cada membro ten un papel asignado; ninguén se rebela, e ninguén envexa a labor do outro. En cada colmea pode haber dende 30 a 50.000 abellas que se dispoñen nunha xerárquia, na cúspide está a raíña, logo as obreiras, e os zánganos.

A raíña é a única femia perfecta, é a encargada da reproducción e de manter unida á colmea. Só voa fora da colmea en dúas ocasións: para fecundarse e para formar unha nova colonia cando aparece un enxame. Aliméntase de xalea real e é a abella mais lonxeva, pode vivir ata cinco anos.

As obreiras son abellas femias incompletas, non poden poñer ovos. Son a maioría do enxame. Teñen distintas funcións dependendo da súa idade.:

Ao pouco de nacer son limpiadoras, no cuarto dia teñen que alimentar as larvas, no décimo dia comenzan a producir xalea real para a reina

Mais tarde é ata o vixésimo dias adicanse a producir cera, ventilar o exceso de humidade e calor, fabrican ó mel e defenden a colmea dos inimigos. Despois das tres semanas e ata a súa morte funcionan como encargadas de recolectar néctar, propóle e polen, voan de un a tres km. ó redor da colmea .

A vida dunha obreira é de corenta a cincoenta dias se nacen no verán; as que nacen no inverno poden vivir ata seis meses.

Para defenderse contan con un aguillón dentado , por eso cando pican, despréndeselles o aguillón e morren.

Os zánganos son as abellas macho, nacen de ovos non fecundados, só son fillos da reina, non teñen pai.Aínda que teñen fama de vagos, cumpren a sua funcion : fecundar a raíña, e sempre en pleno voo, os denominados “voos nupciais”. Ademais dan calor a cria e axudan a fabricar ó mel.

Elaboración do mel. É un producto totalmente natural que fan as abellas soas. Collen o néctar das plantas e transpórtano ata a colmea nunha parte do seu aparato dixestivo, chamado buche do mel, baleírano nas celas dos panais que hai dentro da colmea, agréganlle enzimas e evapóranlle parte da humidade. Realizan varios trasvases co mel ata que esta completamente maduro e proceden a súa conservación mediante un selado hermético cunha fina capa de cera.

Cualidades. O mel é un producto moi nutritivo con importantes características terapéuticas. É un excelente sustituto do azucre en reposteria e infusións.
Polo seu poder antiséptico e cicatrizante emprégase tópicamente en queimaduras, feridas e úlceras na pel. Tomado con regularidade actúa como un laxante suave.

Texto elaborado con informacións suministradas por Marifé Sixto Pernas productora apícola e gañadora de distintas distincións que lle foron otorgadas nas Catas do Mel organizadas polo Consello Regulador do Mel de Galicia en colaboración coa Consellería do Medio Rural.
Ademáis, na casa de Marifé podese visitar un pequeno museo do mel onde se expoñen instrumentos e ferramentas do apicultor como un apiario antigo, zona de exposicións con pezas antigas, paneis informativos e zona de audiovisuais ademais dun local de envasado.

Semana Santa
No Valadouro ten lugar unha das celebracións máis artísticas e personais da Semana Santa mariñá. O Arciprestado do Valadouro organiza dende hai varios anos un Via Crucis Vivinte polas cruces de subida de Santo Tomé ademais da escenificación, na igrexa parroquial de Santa Cruz, das escenas bíblicas de Oración de Xesús no Horto, as negacións de Pedro, a Paixón, Crucifixión e Resurrección do Señor. Veciños do Valadouro toman parte nesta recente tradición, dando vida a fermosos cadros plásticos nos que se representa o dramatismo e paixón propios destas datas.
PROGRAMA COMPLETO

Domingo de Ramos
Representación da paixón, morte e resurrección de Xesús Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, representada dende a subida a igrexa ata o adrio donde se procede a bendición de ramos. No interior da igrexa comezase coa representación da última cea de Xesús cos apóstoles, oración de Xesús en Getsemani, prendemento, posta diante de pilato e condea a morte de Xesús.
Representación asemesmo de Xesús na cruz, morte e a soedade de María.

Mércores Santo
Representación do vía crucis vivinte coas catorce estacións que hai nas cruces da subida a igrexa de Santo Tomé.

  • 1ª estación: Xesús condeado a morte
  • 2ª estación: Xesús carga coa cruz
  • 3ª estación: Xesús cae por primeira vez
  • 4ª estación:Encontro de Xesús coa sua nai a Virxe
  • 5ª estación: O Cirineo axuda a levala cruz a Xesús.
  • 6ª estación: A Verónica limpa o rostro de Xesús.
  • 7ª estación: Xesús cae por segunda vez.
  • 8ª estación: Xesús e consolado polas mulleres de Xerusalen.
  • 9ª estación: Xesús cae por terceira vez.
  • 10º estación: Xesús e despoxado das suas vestiduras.
  • 11ª estación: Xesús e clavado na cruz.
  • 12ª estación :Xesús morre na cruz.
  • 13ª estación: Xesús en brazos de sua nai.
  • 14ª estación: Xesús posto no sepulcro.
Concentración de Motos
1º fin de semana de maio

 

Concentración organizada polo Motoclube do Val d´Ouro que agrupa aficionados do Concello do Valadouro e Alfoz.

Esta festa das motos integra a aficionados de Galicia e outros puntos de España.

Rotas polas fermosas paisaxes da comarca, premios, gastronomía,exhibicións acrobáticas e música, entre outras actividades, converten estas animadas datas nunha visita obrigada.

Rapa das Bestas
1º domingo de agosto

 

A Rapa das Bestas é unha antiga tradición que ten a súa remota orixe na Idade de Bronce e da que o historiador romano Estrabón fai referencia como curiosa actividade gandeira, louvando algunha das súas cualidades. É a partir do século XVIII cando se convirte nunha celebración festiva e recibe a denominación popular da Rapa das Bestas, aínda que sigue sendo coñecida como curros en moitos lugares de Galicia.

Esta festa na que se revive este rito ancestral do rapa das crinas e a marca do gando, cada vez adquire maior sona e popularidade pola espectacularidade da loita entre o home e as bestas, pola beleza paisaxística e a variedade de actos que se foron engadindo a este día sinalado.

Sobre as 12 da mañá faise unha selección dos animais, que se pecharon no curro o día anterior, para a súa posterior marcaxe en función dos seus propietarios.

Os loitadores comproban a afouteza dos exemplares para vencer a súa resistencia con forza e habelencia, reducindo aos cabalos no chan, marcando o sinal debida e rapando as crinas. Os animais máis salvaxes son dominados con paciencia e sabedoría nas mangas, corredores estreitos no curro que limitan a capacidade de movemento das bestas.

As crinas repártense entre os nenos asistentes antes de recuperar forzas saboreando coa familia e os amigos unha comida campestre propia de calquera romaría: polbo á feira, churrasco, empanadas..que pódense adquirir en cantinas habilitadas no monte do curro a tal efecto.

Despois do xantar, outro momento máxico no día: a beleza dos animais galopando en manda na procura da liberdade despois de abrir a curro.

Sobre as 17 da tarde fanse xogos populares como a famosa cucaña que premia a destreza dos rapaces na procura dun xamón.

Un dos platos fortes da xornada, e broche final, é a carreira de cabalos na que participan os mellores xinetes da comarca e que fan deleitar ao público dende os mesmos entrenamentos. A competición finaliza co acto de entrega de premios aos gañadores.

Mercado de Primaveira

Sábado más cercano al 25 de marzo

Era tradición que en Ferreira do Valadouro se celebrara cada 2 de febreiro e 25 de marzo un mercado anual, ademais dos mercados do sábado que se viven na capital deste concello cada semana.

Esta costume foi perdida co tempo pero primeiro a A.C.D. Valadouro e agora co Concello se recuperou con enerxía e actividades complementarias o Mercado Tradicional Anual de Primavera.

Ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais, a hosteleria da vila ofrece nese fin de semana unha xornada gastronómica dedicada a tapeo máis variopinto. Conferencias e coloquios sobre a produción agraria do val, mostra de artesanía, música de gaitas, son algúns dos moitos actos que se poden ver neste Mercado Tradicional.

Durante este día hai unha gran cantidade de actividades: unha ruta de a  tapa na que participan a maioría dos establecementos da zona, conferencias sobre temas relacionados co municipio, mostras de  artesanía local, concertos de grupos da zona, o fotoenxebre, olimpíadas rurais, venda e degustación dos produtos autóctonos…e  cantos de taberna polas rúas e establecementos da zona.

O desfile de zocas, é un dos momentos máis divertidos da xornada.  Nel pode participar calquera persoa, sexa residente do municipio ou estea de paso, para mostrar as seus zuecas ( zocas). Pódense ver marabillas  de todos os tipos: máis tradicionais, de cores rechamantes, con motivos infantís, decoradas con bonecos ou mesmo imitando zapatillas  deportivas. Tras o desfile e a posterior votación do xurado elíxese unha persoa gañadora como orgullosa propietaria das mellores zocas dese ano.

Este día é un dos máis importantes do noso Concello, un día para pasar en familia e, por suposto, todos vestidos coas nosas roupas máis tradicionais (zocas, mandiles, saias, pantalón de pana, camisas….)

Como despedida o pobo e visitantes se dan cita na praza nunha animada verbena como se viña facendo naqueles tempos agora revividos.

Semana do Teatro
1ª semana  de setembro
Semana consagrada ás artes dramáticas constitúe unha das convocatorias culturais máis salientables que dan paso ás festas. Nela participan grupos teatrais afeccionados e profesionais que representan no escenario os máis variados estilos.
Mostra Folclórica

1º sábado  de setembro

Esta mostra que dirixe a Asociación Cultural Amado Lar dende 1985 pretende conservar e fomenta-la música e baile tradicional galego ademais da relación e intercambio con outras entidades semellantes en Galicia e o resto de España.